O Courel celebrou o primeiro baile dos toxos despois da pandemia e dos incendios

Francisco Albo
Francisco Albo MONFORTE / LA VOZ

FOLGOSO DO COUREL

No tradicional festexo de Vilamor houbo que utilizar arbustos cortados noutra parroquia, porque os da localidade arderon nos incendios do pasado verán

23 ene 2023 . Actualizado a las 19:54 h.

A parroquia de Vilamor, no municipio de Folgoso do Courel, recuperou esta fin de semana o baile dos toxos, unha tradición propia das festas locais de San Vicente que quedara suspendida desde o 2020 a causa da pandemia. O costume débese a que noutros tempos era habitual que o festexo coincidise con fortes nevadas, polo que os veciños se refuxiaban nos cortellos —estrados previamente con toxos— para celebrar os bailes.

Nesta ocasión, os organizadores da festa tiveron que ir buscar os toxos máis lonxe do normal, porque os grandes incendios forestais do pasado verán queimaron todos os arbustos nos arredores da localidade, que aínda non volveron medrar. Por este motivo, os toxos foron cortados na localidade da Pendella, na parroquia de Folgoso. A pesar das intensas chuvias e das nevadas que caeron recentemente na serra, a festa puido celebrarse con tempo seco e soleado. En prevención de que as condicións meteorolóxicas fosen desfavorables, o baile dos toxos tivo lugar debaixo dunha carpa, ao igual que as últimas veces nas que se celebrou.

No festexo, por outro lado, recuperouse tamén unha peza musical tradicional —o Baile do esparaván—, que acompañaba en tempos o baile dos toxos. Quen a interpretou foi Luís Cancela, un gaiteiro do veciño municipio do Incio. «Esta música era tocada sempre por músicos do Incio que viñan a Vilamor nestas datas e aínda que os veciños máis maiores a recordaban, ninguén sabía explicar ben como se tocaba e se bailaba», explica Manuel Vila, un dos organizadores do festexo.

A tradición do baile dos toxos estaba perdida desde principios da década de 1970 e recuperouse entre o 2001 e o 2007. Tras un longo paréntese, regresou no 2019 e no 2020, pero a pandemia provocou unha nova interrupción durante os dous últimos anos. «O ano que vén esperamos celebralo de novo co recuperado Baile do esparaván», di Manuel Vila.

La última vez que se  pudo celebrar el tradicional baile dos toxos de Vilamor (en la imagen) fue en enero del 2020. En otros tiempos, el baile se celebraba en el interior de las cuadras, con el piso cubierto de tojos, ya que lo habitual era que el festejo coincidiese con fuertes nevadas

El baile dos toxos vuelve a O Courel, pero con arbustos importados

Francisco Albo

La parroquia de Vilamor, en el municipio de Folgoso do Courel, recuperará el día 21 sus fiestas patronales de San Vicente, que no se pudieron celebrar los dos últimos años a causa de la pandemia. El aspecto más singular del festejo es el llamado baile dos toxos, una antigua tradición local que refleja las duras condiciones climáticas en las que se solía celebrar. «Como o normal era que eses días nevase moito na serra, para poder bailar a cuberto, a xente refuxiábase nun curral de vacas e estrábase o piso con toxos», explica Manuel Vila Álvarez, uno de los vecinos que organizan la fiesta.

Seguir leyendo