O Courel estrea un centro de reciclaxe portátil que pasará por todas as parroquias

La Voz MONFORTE / LA VOZ

FOLGOSO DO COUREL

Os veciños poderán depositar nel oito tipos distintos de residuos domésticos

21 nov 2022 . Actualizado a las 19:05 h.

O Concello de Folgoso acaba de recibir un sistema móbil de recollida de resíduos domésticos para a súa posterior reciclaxe. Consta dun depósito con espazos diferenciados para oito clases distintas de resíduos e dun camión adaptado para transportalo. No Concello explican que este punto limpo móbil "visitará de maneira itinerante as distintas parroquias do municipio".

Neste centro portátil de recollida de lixo pódense depositarse lámpadas e fluorescentes, envases de pinturas, disolventes e vernices, envases de fitosanitarios, aerosois, calzado, roupa, pequenos aparatos eléctricos, teléfonos móbiles, xoguetes, radiografías e cds, tóner e cartuchos de impresora e pilas e baterías.

O Concello informará na súa páxina web, nas súas redes sociais e mediante bandos informativos sobre o seu emprazamento e o tempo que permanecerá en cada localidade.

Tanto o camión como como o punto limpo foron mercados polo Concello de Folgoso do Courel con fondos procedentes das axudas a entidades locais da Consellería de Medio Ambiente para a xestión de residuos de competencias municipal. Esas axudas están cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.