Os estudantes do Courel aprenden a se orientar na montaña

La Voz

FOLGOSO DO COUREL

Sechu López, nun recibimento que lle fixeron en Vigo os seus compañeiros do club Montañeiros Celtas á volta dunha das súas expedicións ao Himalaia
Sechu López, nun recibimento que lle fixeron en Vigo os seus compañeiros do club Montañeiros Celtas á volta dunha das súas expedicións ao Himalaia XOAN CARLOS GIL

O alpinista vigués Sechu López contaralles a súa expedición a unha das montañas máis altas e difíciles do Himalaia

09 jun 2022 . Actualizado a las 15:46 h.

O Club de Montañeiros Celtas, en colaboración co xeoparque Montañas do Courel e o Concello de Folgoso do Courel, prepara unhas actividades no colexio local para que os escolares aprendan técnicas de orientación. Esas actividades terán lugar os días 13 e 14, o luns e o martes da semana que vén.

Según informa o Concello de Folgoso do Courel, esta xornada práctica sobre orientación comezará arredor das dez da mañá do luns coa presentación e explicación das actividades de orientación no CPI Poeta Uxío Novoneyra, en Seoane. Ás once os alumnos de educación infantil e os de primaria farán una marcha de orientación na aldea de Parada. Ao remate desa marcha, a iso das doce e cuarto, o montañeiro vigués Sechu López explicaralles aos estudantes de ESO do colexio a súa ascendión ao Annapurna, unha das cumes de máis de 8.000 metros de altura que hai no Himalaia. Sechu López é o primeiro galego en subir a este monte, considerado polos alpinistas un dos máis difíciles do mundo.

En canto ao programa previsto para o martes, ás once da maña comezará na aldea de Moreda unha marcha de orientación, esta vez para os alumnos de Secundaria.