Entroido 2022: Festa en Folgoso do Courel o día 27

La Voz

FOLGOSO DO COUREL

Fotografía de arquivo dunha festa de disfraces de Entroido en Folgoso do Courel
Fotografía de arquivo dunha festa de disfraces de Entroido en Folgoso do Courel CEDIDA

Organiza o Concello e haberá merenda con chocolatada

17 feb 2022 . Actualizado a las 10:34 h.

O Concello de Folgoso do Courel prepara unha festa de disfraces para o Domingo de Entroido, que este ano se celebra o 27 de febreiro. A festa terá lugar na Casa do Concello, el Folgoso, e haberá transporte entre esta localidade e Seoane para os nenos que o precisen.

Esta festa de Entroido comezará ás catro e media da tarde e incluirá merenda, chocolatada para nenos e maiores, animación infantil, xogo pintacaras e globoflexia. En canto ao transporte entre Seoane e Folgoso, os que o precisen deberán avisar previamente no Concello.