Rapaces voluntarios desbrozarán un dos principais castros do Courel

La Voz

FOLGOSO DO COUREL

Os rapaces que participan no campo de traballo que organiza o xeoparque, á súa chegada a Folgoso
Os rapaces que participan no campo de traballo que organiza o xeoparque, á súa chegada a Folgoso CONCELLO DE FOLGOSO DO COUREL

A alcaldesa recibiu este luns aos participantes no campo xuvenil de traballo que organiza este verán en Folgoso o xeoparque Montañas do Courel

05 jul 2021 . Actualizado a las 18:51 h.

O Courel recibiu este luns aos participantes nun dos campos xuvenís de traballo que a Xunta organiza no territorio do xeoparque. A alcaldesa de Folgoso do Courel recibiunos e deulles a benvida ao municipio. Os rapaces participarán en traballos de desbroce e limpeza do castro de Vilar, un dos dous xacementos arqueolóxicos excavados na Serra do Courel. Tamén está previsto que se ocupen de acondicionar o camiño de acceso a ese castro. Os outros dos campos xuvenís que organiza a Xunta no xeoparque Montañas do Courel terán lugar en Quiroga e en Ribas de Sil.