A serra do Courel acollerá un obradoiro intensivo de flora medicinal

A actividade desenvolverase en xuño na estación científica de Seoane

Poboación de xanzá (en castelán genciana), unha planta medicinal propia da flora da serra
Poboación de xanzá (en castelán genciana), unha planta medicinal propia da flora da serra

A Estación Científica do Courel -na localidad de Seoane- acollerá entre o 7 e o 9 de xuño un obradoiro intensivo sobre o uso de plantas medicinais que será impartido por María Moure de Oteyza, licenciada en farmacia e investigadora da flora da serra. As actividades comprenderán catro horas de clases teóricas por día e dúas excursións guiadas para buscar e identificar plantas medicinais. As clases teóricas desenvolveranse de 16.00 a 20.30 horas na primeira xornada e de 10.00 a 14.30 na segunda e na terceira. Os percorridos serán de 16.00 a 20.00 horas o sábado e de 16.00 a 18.30 o domingo.

No curso estudarase unha trintena de especies medicinais que forman parte da flora da serra do Courel, entre as que se encontran as coñecidas como chaveira, cereixa de corriola, cola de cabalo, dente de león, fiollo, herba de sete costas, malvela, romeu, ourego, pericón, piorniña, sabugueiro, seoane, xanzá e xarxa. A inscrición é gratuíta e pode realizarse ata o 3 de xuño chamando aos teléfonos 982 821 901 -polas tardes-, 648 051 928 e 600 942 418, ou ben escribindo aos correos electrónicos ro_rodriguezlopez@hotmail.com e antonio.rigueiro@usc.es. A actividade organizarase co apoio da Deputación

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A serra do Courel acollerá un obradoiro intensivo de flora medicinal