O Courel loita por recuperar o seu entroido tradicional

O sábado celebrarase un festexo con personaxes típicos dentro dun proxecto impulsado pola anpa do colexio Poeta Uxío Novoneyra


As tradicións locais do entroido figuran na parte máis esquecida e pouco coñecida do patrimonio cultural do Courel. A anpa do colexio Poeta Uxío Novoneyra e o servizo de normalización lingüística deste mesmo centro educativo intentan recuperar estas tradicións mediante un proxecto de investigación que comprende entrevistas ás persoas de maior idade do municipio e que pretende retomar os costumes, as máscaras e os personaxes típicos deste festexo. Para dar un primeiro paso, o sábado celebrarase en Folgoso -a partir das 17.00 horas- unha festa na que participarán os personaxes coñecidos como felos, mecos, xardoeiras e foliqueiros. Os organizadores piden aos asistentes que acudan vestidos con roupa vella, xa que os personaxes coñecidos como felos manchan á xente con cinza. Piden así mesmo que os que poidan leven instrumentos musicais para celebrar unha foliada. Haberá ademais unha merenda con doces típicos destas festas, como as filloas (na imaxe sobre estas liñas). Ao final do festexo queimaranse uns bonecos coñecidos como meco e meca.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Courel loita por recuperar o seu entroido tradicional