A Deputación atende a 40 maiores de Folgoso do Courel cun investimento en servizos sociais de 47.000 euros

La Voz

FOLGOSO DO COUREL

O executivo provincial acaba de presentar a candidatura de Xeoparque Mundial da Unesco

25 dic 2017 . Actualizado a las 11:41 h.

O investimento do executivo provincial nos últimos 18 meses en Folgoso do Courel permitiu a contratación de 10 traballadores que estaban en paro, así como a asistencia a máis de 40 maiores desta vila de alta montaña cun investimento total que ascendeu a preto de  630.000 euros.

Emprego. Dentro dos plans de fomento do emprego que ten en marcha o Goberno da Deputación, como o Depuemprego ou o Benempregado, Folgoso contratou a 10 traballadores para atender ás prestacións básicas municipais, como por exemplo coa contratación de 2 peóns e un animador turístico, entre outras.

Servizos sociais. O executivo provincial realizou un investimento en servizos sociais de preto de 48.000 euros, con cargo a este investimento aténdense a máis de 40 maiores que a Xunta non atende.

Investimentos. Con máis de 40.000 euros executáronse obras que contribuíron a mellorar a calidade de vida dos 1.000 veciños deste municipio como por exemplo, a pavimentación do camiño de acceso a Cortes, Mostad, o muro de contención en Noceda, e a renovación de auga no Carballal. Tamén se mellorou o alumeado en Millares, Eiriz, Castro Romeor, Céramo e Carbedo.

Infraestruturas. Ademais Folgoso do Courel mellorará con 177.215 euros a iluminación publica en Vilar, Mouriz, Seoane, e reparará os depósitos de auga en Vilela, Noceda, Mostad e Vilasibil; tamén con cargo a este investimento mellorará a estrada de acceso a Noceda, ou de acceso a Mazo, así como a rexeneración de camiños en Ferreiros de Abaixo e Arriba, o acceso a Pedrafita do Courel e o ramal do Alta da Pedra. Ademais o executivo provincial financia a execución dun Miradoiro e muro de contención en Paderne.

Turismo. O Goberno da Deputación acaba de presentar a candidatura de Xeoparque Mundial da Unesco (que engloba os concellos de Folgoso, Ribas de Sil e Quiroga), da cal é a principal administración colaboradora, xa que financia este proxecto con 50.000 euros. Ademais o executivo provincial tamén financia a festa da castaña que se celebra neste concello con tanta tradición e a edición de folletos turísticos.

Cultura e Deportes. Unha das fundacións culturais mais activas da provincia de Lugo atopase en Folgoso é a Fundación Uxío Novoneyra que conta cunha achega de 25.000 euros.  Ademais o executivo provincial tamén financia talleres de Nadal ou a festa do Apalpador, entre outras. Nos deportes promove o Trail das Aldeas do Courel.