Francisco Vázquez Chantada presenta o seu novo libro na Casa de Cultura chantadina 

La Voz

CHANTADA

Francisco Vázquez Chantada (terceiro pola esquerda) na presentación do seu libro «Crónica de Ofiusa» no Casino chantadino no 2003
Francisco Vázquez Chantada (terceiro pola esquerda) na presentación do seu libro «Crónica de Ofiusa» no Casino chantadino no 2003 ROI FERNADEZ

O autor acaba de publicar o poemario «Tríade», que foi precedido por dúas obras narrativas

11 jun 2026 . Actualizado a las 12:51 h.

O escritor Francisco Vázquez Chantada, coñecido tamén como Paco Cabezas, presentará este venres na Casa de Cultura chantadina o seu libro de poemas Tríade. O acto comezará ás 20.30 horas e contará coas intervencións do propio autor, do poeta e artista plástico Xosé Randolfe e da profesora de Literatura e dinamizadora cultural Ánxeles Álvarez. Na presentación colaborará o grupo de teatro Tarumba, da Universidade Laboral de Ourense.

O poemario Tríade, publicado pola editorial Toxosoutos, é a primeira obra literaria que Vázquez Chantada en moito tempo. No ano 2003 apareceu Crónica de Ofiusa, unha obra de literatura xuvenil que foi presentada tamén en Chantada. Con anterioridade publicara a novela A Chazca.