Cristina Fallarás falará en Chantada sobre a violencia sexista 

La Voz

CHANTADA

Cristina Fallarás falará no auditorio municipal de Chantada o sábado pola tarde
Cristina Fallarás falará no auditorio municipal de Chantada o sábado pola tarde yes

A charla será organizada pola asociación feminista Polamiúda

15 ene 2026 . Actualizado a las 16:41 h.

A asociación Polamiúda organiza unha conferencia sobre a violencia sexista que ofrecerá este sábado no auditorio municipal de Chantada a escrita e xornalista feminista Cristina Fallarás. A charla, que comezará ás 18.30 horas, preséntasee baixo o lema «Unha revolución con voz de muller. Por que molestan os nosos testemuños».

Segundo indica a asociación organizadora, Fallarás « leva desde o 2018 traballando o relato testemuñal das mulleres, primeiro lanzando o movemento #cuéntalo e desde agosto de 2023 recompilando vivencias de violencia machista que supón un arquivo de miles e miles de voces». Así mesmo, engaden, «o seu traballo evidencia que esta violencia é cotiá e permanece silenciada, polo que a maior revolución é dar voz a quen antes non a tiña».