Jesús Regal non só vendía bicicletas, senón se encargaba de inculcar nos pequenos o gusto por coidalas
17 ene 2026 . Actualizado a las 18:16 h.Jesús Regal Ledo «creou no seu taller do barrio chantadino da Santa Mariña unha especie de santuario de peregrinaxe dos nenos para reparar rodas picadas e arranxar as vellas e oxidadas bicicletas. E tamén para entregarnos, no día máis soñado da infancia, unha daquelas relucentes bicicletas BH, Orbea ou CIL.
Pero ademais Jesús Regal, tamén coñecido como Jesús das Bicicletas, educábanos no coidado dese tesouro e rifábanos cando vía que a nosa bicicleta estaba tirada no chan ou mal aparcada. Así facía que tomásemos conciencia do precioso valor dese aparello de dúas rodas».
Aínda somos ben deles aos que con cantidades irrisorias nos puxo a punto a bicicleta Jesús e con esta parte dun texto escrito hai dúas décadas polo ecoloxista Anxo Moure, no que reivindicaba o recoñecemento popular do Jesús das Bicicletas, e co seu permiso, presento a este home, exemplo de filantropía infantil dende aquel pequeno taller.