O IES Val do Asma de Chantada forma os futuros técnicos para a empresa de telecomunicacións A Túa Xanela

La Voz CHANTADA / LA VOZ

CHANTADA

O director de A Túa Xanela, Iñaki Castiñeira (dereita), na súa visita desta semana aos estudantes do ciclo formativo que farán prácticas na súa empresa
O director de A Túa Xanela, Iñaki Castiñeira (dereita), na súa visita desta semana aos estudantes do ciclo formativo que farán prácticas na súa empresa CEDIDA

A empresa colabora co único ciclo de Sistemas Microinformáticos e Redes que se imparte en Galicia

05 nov 2025 . Actualizado a las 18:02 h.

O instituto Val do Asma de Chantada converteuse no viveiro laboral para a empresa de telecomunicacións galega A Túa Xanela. O director da compañía, Iñaki Castiñeira, visitou esta semana o centro para coñecer de primeira man o alumnado do ciclo medio de sistemas microinformáticos e redes, unha especialidade que se imparte neste instituto por primeira vez este curso e que conta coa colaboración directa desta empresa.

Durante a súa visita, Castiñeira mantivo un encontro cos estudantes nos que destacou a importancia estratégica de dispor de persoal cualificado no sector tecnolóxico. Sinalou que «esta formación profesional ten moitísimas opcións de saídas laborais», subliñando a necesidade que teñen empresas como a súa de incorporar traballadores ben formados.

A singularidade deste ciclo no mapa educativo galego outórgalle unha relevancia especial. O IES Val do Asma é actualmente o único centro de toda Galicia onde se pode cursar esta titulación, o que o converte nun referente para a formación de técnicos especializados.

Esta colaboración entre o ensino público e a empresa privada materialízase nunha inserción laboral directa: os rapaces e rapazas que están a cursar estes estudos comenzarán a traballar na propia Xanela xa no próximo mes de maio.

Esta iniciativa supón unha aposta pola formación de calidade e a retención do talento novo en Galicia, facilitando que o alumnado poida desenvolver a súa carreira profesional sen ter que marchar para traballar.

A Túa Xanela é unha empresa con sede en Chantada que comercializa servizos de internet e telefonía para fogares e empresas. Creada a finais do 2020 con 6 traballadores, agora ten preto de seis veces máis.