A chantadina Juana García Carbajal foi unha «aventureira galega de ilustre liñaxe»
30 sep 2025 . Actualizado a las 12:12 h.Pertencente á parroquia de Muradelle, a Casa de Carbaxales atópase un pouco afastada das demáis da aldea de Paderne. Aquí naceu e viviu no século XIX Juana García Carvajal, unha aventureira case que esquecida na sua terra natal, esta casa non só foi morada desta aventureira, senón que tamén foi obradoiro de campás.
«Aventureira galega de ilustre liñaxe». Este é o apelativo usado para ela polo escritor Francisco Tettamancy y Gastón, que compara a súa calidade heroica coa de outras mulleres galegas tales como Concepción Arenal, a condesa de Espoz y Mina Juana María de la Vega, María Balteira, María Pita ou a grumete da Coruña Josefa Antonia Martí.
Xoaniña de Paderne loitou na guerrilla da man do sublevado carlista Fernando Gómez, de alcume O Ebanista, xa que esa era a súa profesión. Fernando Gómez foi veciño do Portal de Arriba, unha rúa da vila de Chantada.