O instituto Val do Asma «exporta» estudantes chantadinos de automoción

La Voz CHANTADA / LA VOZ

CHANTADA

A estudante que está en Portugal, cos seus compañeiros de Montalegre
A estudante que está en Portugal, cos seus compañeiros de Montalegre CEDIDA

Este centro envía seis alumnos facer as súas prácticas a Trás-os-Montes e a Turín

28 abr 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O instituto Val do Asma de Chantada ten na automoción unha das súas especialidades formativas. E nos últimos tempos os alumnos poden aproveitar as posibilidades de formación do programa Erasmus +, que financia prácticas de estudantes de Secundaria noutros países de Europa. O Val do Asma ten nestes momentos unha estudante facendo as prácticas en Portugal e outros cinco prepáranse para marchar a Italia.

A estudante que xa está en plenas prácticas é alumna do ciclo medio de electromecánica de vehículos e completa a súa formación nun taller de vehículos de Montalegre, en Trás-os-Montes. O seu período de prácticas, na empresa AutoAfonso e Filhos comezou o 2 de abril e rematará o 30 de xuño.

En canto aos cinco de Italia, son ado ciclo básico de mantemento de vehículos e farán as súas prácticas en Turín, unha das capitais europeas da industria automobilística. Eles xa comezaron a súa formación en talleres de Chantada, pero completarana en Turín do 18 de maio a o 20 de xuño.