Porco, castañas e arepas, estas son as tapas que máis gustan en Chantada

La Voz

CHANTADA

O concurso de tapas de Chantada é unha das citas máis consolidadas da gastronomía da comarca
O concurso de tapas de Chantada é unha das citas máis consolidadas da gastronomía da comarca ROI FERNANDEZ

As propostas da cafetería Santa Ana e o bar Carballeira gañan o concurso Chantapas 2021

30 nov 2021 . Actualizado a las 17:20 h.

"Cocho con Naiciña", da cafetería Santa Ana, é o nome da proposta gañadora do Chantapas 2021 segundo a valoración do xurado profesional. En canto ao xurado popular, o primeiro premio foi para "Venezuela en Galicia", do bar Carballeira. Os organizadores do concurso de tapas de Chantada deron a coñecer este martes a lista de premiados deste certamen, recuperado tras o paréntese forzoso do ano pasado, no que non se puido levar a cabo a causa da pandemia. Os doce establecementos de hostalería que participaban venderon máis de 1.500 das tapas a concurso nas dúas fins de semana nas que se celebrou.

O concurso incluía dúas categorías distintas, unha delas a cargo dun xurado composto por profesionais, que avaliaron criterios como a elaboración da tapa, o sabor, a presentación ou a calidade do servizo; e a outra na que o que contaba era a puntuación emitida polos clientes que acreditaron ter consumido un como mínimo sete das tapas a concurso.

O listado completo de premiados é o seguinte

Xurado profesional.

  • 1º. Santa Ana, con "Cocho con Naiciña", que mestura carne de porco con castañas desta marca de Chantada.
  • 2º. AdaRosa, con "Trampantoxo de Ferrero"
  • 3º. O Casino, con "Bocados de outono"

 COCHO CON NAICIÑA , TAPA GAÑADORA DO PREMIO DO XURADO PROFESIONAL
COCHO CON NAICIÑA , TAPA GAÑADORA DO PREMIO DO XURADO PROFESIONAL

Xurado popular

  • 1.º Carballeira ? Venezuela en Galicia, que propón unha versión local das arepas tradicionais da cociña venezolana e colombiana.
  • 2º. O Casino ? Bocados de outono
  • 3º. A Viñoteca ? Brocheta norteña asentada nunha fina base de rulo de cabra.

 Venezuela en Galicia , a tapa gañadora do premio do xurado popular
Venezuela en Galicia , a tapa gañadora do premio do xurado popular

Os doce establecementos de hostalería que participaron no Chantapas 2021 foron A Viñoteca, Café Mánix, La Cervecería, Bar Carballeira, Cafetería Santa Ana, Café Cantón, Casino, Bar Parada, adaRosa Tapería, Bar Centro, Cafetería Universal e Garden Bar. Estes locais tiveron ao dispor dos seus clientes as tapas que poñían a concurso durante os días 19, 20, 21, 26, 27 e 28 de novembro. Igual que todas as edicións anteriores, este concurso de tapas foi organizado pola Asociación de Empresarios de Chantada.