Emocións, pan e chocolate a partir deste sábado no pazo chantadino de Sabadelle

A casa acolle unha exposición plástica que se poderá visitar ata finais de outubro

Representantes do pazo de Sabadelle, dos artistas que participan, do IES Val do Asma e do Concello no acto de presentación
Representantes do pazo de Sabadelle, dos artistas que participan, do IES Val do Asma e do Concello no acto de presentación

Poetas e pintores tomarán esta fin de semana o Pazo de Sabadelle, en Chantada, onde comporán a mostra "Cobertores de Emocións, pan e chocolate". A programación da mostra foi presentada esta semana en Chantada no instituto Val do Asma, en presenza entre outros dos propietarios do pazo e de representantes da área de Cultura do Concello.

A mostra vai ser inaugurada este sábado, día 8, cunha acción cultural multidisciplinar. A colección que poderán ver os que visiten esta exposición será instalada en distintos espazos desta antiga casa de labranza está formada por obras dos artistas plásticos Beatriz Palomero, Migiel Anxo Macía e Moxon (Xosé Manuel Rodríguez). Na inauguración estarán eses tres autores e ademais haberá poesía de Mónica Sánchez, Quico Valeiras e Eva Xanín, e música co grupo Searas, con Mad Mission e con Daniel do Pando.

A inauguración deste sábado está programada para as oito e media da tarde. 

O cartaz anunciador desta edición da mostra de arte no pazo de Sabadelle é obra do alumnado de plástica do IES Val do Asma, e daí que a celebración do certame tivese lugar neste centro.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Tags
Comentarios

Emocións, pan e chocolate a partir deste sábado no pazo chantadino de Sabadelle