Unha romaría dentro da Casa de Cultura de Chantada

La Voz

CHANTADA

ROI FERNÁNDEZ

O centro acolle unha exposición do fotógrafo Toni de Lola sobre a tradicional festividade da Serra do Faro

13 mar 2019 . Actualizado a las 12:10 h.

A tradicional romaría do Faro protagoniza unha exposición que pode verse ata o día 31 na Casa de Cultura de Chantada. A mostra titúlase «O Faro, paixón global» e reúne imaxes en cor e branco e negro do fotógrafo Toni de Lola que reflicten a ascensión a pé ao célebre santuario da Serra do Faro celebrada cada setembro.