Sen o Cine Yeca, pero cunha enorme farola

CHANTADA

A comparación entre unha imaxe antigae e outra actual mostra a transformación deste espazo urbano

08 mar 2019 . Actualizado a las 10:28 h.

A comparación entre unha imaxe da década de 1960 e outra actual mostra os profundos cambios que experimentou a praza chantadina de Catro Camiños. Na postal reproducida xunto a estas liñas vense, de esquerda a dereita, a Villa Nena, o Cine Yeca, o Casino e parte do edificio que fora a famosa e elegante Fonda do Merlán, que ardeu para reconstruírse logo e albergar o rexistro da propiedade. No medio da praza, un espazo hoxe perdido, un triángulo axardinado cunha fonte ornamental e rodeado de bancos sobre un pavimento de cantos rodados.

Nas tres esquinas deste xardín había espazos de herba e buxos con puntos de luz baixos, onde non poucos rapaces xogaban ao tempo que observaban o tráfico que entraba na vila, pois alí xuntábanse as principais vías de comunicación, a estrada N-540 de Lugo a Portugal e a C-533 da Gudiña a Lalín. Hoxe só é un espazo desaproveitado onde se chantou unha enorme farola.