O tradicional ciclo festivo do Entroido Ribeirao comeza hoxe no municipio de Chantada co Domingo Lambedoiro. Como prólogo da celebración, ao mediodía de hoxe levouse a cabo nas rúas da capital municipal un desfile de máscaras no que participaron os personaxes típicos do carnaval rural chantadino xunto cos entroidos do Oso de Salcedo -na Pobra do Brollón-, Viana do Bolo, Bande e Campobecerros, no municipio de Castrelo do Val.

No parroquia de Santiago de Arriba, onde se conserva actualemente este antigo festexo, os volantes, peliqueiros e mecos farán aparición a partir das 16.00 horas.

O festexo nesta localidade seguirá o mesmo horario de inicio nas seguintes xornadas, o Domingo Corredoiro -día 24-, o Domingo de Entroido -3 de marzo- e Martes de Entroido, o 5 de marzo.

;
O Domingo Lambedoiro inaugura o Entroido Ribeirao en Chantada A celebración comezou esta mañá na capital do municipio cun desfile que reuniu máscaras dos carnavais tradicionais de Salcedo, Viana do Bolo, Bande e Castrelo do Val.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

O Domingo Lambedoiro inaugura o Entroido Ribeirao en Chantada