Os esgrafiados da Ribeira Sacra, en Chantada

CHANTADA

ROI FERNÁNDEZ

O Espazo Xove acolle ata o 28 de febreiro unha exposición fotográfica sobre esta técnica decorativa tradicional do territorio

24 ene 2019 . Actualizado a las 09:49 h.

No Espazo Xove de Chantada poderá visitarse ata o 28 de febreiro a exposición fotográfica «Esgrafiados na Ribeira Sacra», da investigadora Mar López Sotelo. A mostra reúne unha colección de fotografías deste tipo de decoración das fachadas con deseños feitos a base de cal, unha tradición característica deste territorio que nos últimos anos está a ser revalorizada e divulgada. A exposición, de carácter itinerante, foi presentada inicialmente no Museo Liste de Vigo e posteriormente ten percorrido outras localidades, como O Saviñao, Castro Caldelas e Monforte.

Na imaxe sobre estas liñas, Mar López Sotelo mostra unha das imaxes que conforman a exposición.