Xavier Alcalá presentará a súa última novela en Vía Romana

La Voz

CHANTADA

JOSE MANUEL CASAL

O acto celebrarase o sábado pola tarde na adega chantadina

07 nov 2018 . Actualizado a las 17:59 h.

O escritor Xavier Alcalá presentará o sábado na adega chantadina Vía Romana a súa última novela, The Making of -publicada pola editorial Galaxia-, que reconstrúe a historia dun emigrante galego na Arxentina dos 30. O acto celebrarase a partir das 19.30 horas e contará coa participación de Juan Luis Méndez Rojo, xerente da adega, xunto con Xosé Manuel Silva e Ciprián Rivas. Na presentación servirase viño e petiscos por cortesía da adega.