Mellorados o centro de día de Chantada e as escolas de Vilauxe e Mundín co apoio do Goberno da Deputación

La Voz

CHANTADA

O investimento provincial permitiu o arranxo das beirarrúas en Pardo Bazán e Castropousada

13 dic 2017 . Actualizado a las 11:52 h.

Os preto de 8.400 veciños de Chantada beneficiáronse no último ano e medio dun investimento do Goberno da Deputación de 865.000 euros. Foron investimentos para mellorar a calidade de vida de todos os seus veciños. Remarcamos a nova dotación de beirarrúas en Pardo Bazán e Castropousada, e a substitución dunha caldeira de gasoil por unha nova de biomasa no centro de día do Concello, que presta servizo a máis de 31 usuarios. Con este investimento arranxaranse as cubertas das casas escolas de Vilauxe e Mundin.

Sobre a xeración de emprego, este Concello beneficiouse dun investimento de máis de 211.000 dentro do plan de emprego da Deputación nos Concellos da provincia. Con cargo a este programa, Chantada mellorou as prestacións públicas municipais, a través da contratación, por exemplo, de 3 peóns especialistas, 1 palista, 1 albanel e 2 condutores.

Servizos sociais. O Goberno da Deputación atende a 40 maiores da provincia a través dos servizo de telesasistencia gratuíta do Goberno da Deputación. Ademais, o organismo provincial financia o servizo de axuda de fogar, pois a Xunta non o fai, así como para o programa de prevención e tratamento da asociación de alzheimer e alcohólicos desta vila cun investimento total de 143.000 euros.

Mellora de infraestruturas. Chantada mellorou con 359.000 euros as beirarrúas nas rúas Pardo Bazan e Castro Pousada, e mellorarase a ponte en Vilameá, así como a construción da II fase de beirarrúas en Basán.

Novas dotacións. O goberno da deputación destinou 142.000 euros para novas dotacións publicas, con estes fondos, substituirase o chan do pavillón deportivo,  e mellorouse a rede de alumeado publico da piscina municipal.

Turismo e cultura. O executivo investiu 68.000 euros para a dinamización turística, cultural e deportiva do municipio, con este investimento puideronse realizar moitas actividades na vila, como por exemplo a subida a Chantada, a Festa da Empanada ou o Castañazo Rock.