Claudio Otero Eiriz gaña o premio Condado de Pallares

CHANTADA

O xurado valorou o seu traballo sobre os curtidoiros do Asma

23 nov 2013 . Actualizado a las 17:35 h.

O xurado do sétimo certame de investigación Condado de Pallares acaba de facer público o gañador deste ano, que recaeu en Claudio Otero Eiriz polo seu traballo titulatado A Chantada fabril. Os curtidoiros do asma na idade contemporánea. O xurado valorou: A proposta de investigación novidosa sobre un campo pouco coñecido como é o da industria rural, de grande importancia para a historia de Galicia en xeral e das Terras do antigo Condado de Pallares, en particular; a estrutura do traballo na que mestura historia e etnografía, acompañada dun excelente aparato gráfico, estatístico e documental que clarifica e afonda en moitos aspectos da investigación; e a implicación do traballo coa sociedade, con propostas para a conservación do patrimonio.