Restauración a golpe de grúa

Rodrigo Fernández
roi fernández CHANTADA / LA VOZ

CHANTADA

BELÉN EIRIZ

Instalado de novo na Ponte un antigo hórreo de madeira reconstruido

10 nov 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

Calquera chantadino que pasease hai uns días polo xardín da Alameda ou por ese tramo do paseo fluvial, daríase conta da falta do hórreo do Recarey. Del só quedaban os pés cos seus tornarratos. O vello almacén de mazarocas non estaba, pero non de xeito definitivo. A súa saúde non era boa e había que renovalo.

O hórreo pertence á coñecida como casa do Recarey, no barrio da Ponte, unha zona que pertence á parroquia do Convento, pero segue a ser casco urbano de Chantada. Alí convive coa vida moderna, xunto aos outros tres ou catro hórreos que quedan na vila. Trátase dun elemento da arquitectura popular, integrado e en uso, que lle dá identidade á zona, e calidade na paisaxe urbanita.

A súa restauración foi un bo xesto do propietario, e unha boa obra de carpintería realizada no seu taller de Fornas polo mestre carroceiro Fernando Ibarra. Iso si, para volvelo asentar no tan recóndito lugar que ocupaba, houbo que valerse dun camión con guindastre e moita destreza.