Impulsan a reforestación do Monte de Carballedo arrasado polos incendios forestais

Alfredo López Penide
López Penide CERDEDO-COTOBADE / LA VOZ

CARBALLEDO

RAMON LEIRO

O Bosque Generali ocupará unha extensión de trece hectáreas e albergará más de catorce mil árbores

30 nov 2022 . Actualizado a las 14:47 h.

Este xoves, e impulsado por Generali, máis de medio centenar de voluntarios desta aseguradora chegados dende distintos puntos do territorio nacional participarán na reforestación do Monte de Carballedo, no Concello de Cerdedo-Cotobade. Esta iniciativa está liderada por Javier Aguirre de Cárcer, responsable de Sostenibilidad de la compañía, e polo alcalde Jorge Cubela.

Dende Generali destacaron que con esta acción «iniciarán el proceso de recuperación de una zona especialmente castigada por los incendios en los últimos años en Galicia», de tal xeito que este xoves se levará a cabo unha primeira fase coa preparación do terreno e a plantación de especies autóctonas. No seu «compromiso con la sostenibilidad», o que será denominado como Bosque Generali ocupará unha extensión dunhas trece hectáreas e albergará máis de 14.000 árbores.