A mellor mina de auga de Castro de Carballedo periga por falta de aire

Rodrigo Fernández
Roi Fernández CHANTADA / LA VOZ

CARBALLEDO

A fonte é utilizada por numerosos veciños e tamén polos negocios que se instalan os días de feira
A fonte é utilizada por numerosos veciños e tamén polos negocios que se instalan os días de feira ROI FERNÁNDEZ

Cegado o derradeiro conduto de ventilación que lle quedaba ao manancial subterráneo da fonte máis utilizada desta localidade

28 nov 2021 . Actualizado a las 13:14 h.

Castro de Carballedo saciou a súa sede durante séculos grazas a un acuífero que se atopa baixo a contorna do lugar da Eirexe. Esa fonte de agua corre perigo agora polas dificultades para levar a cabo traballos de mantemento no interior da mina desde a que aflora a auga. Os condutos que permitían ventilar esa cavidade subterránea foron cegadas sucesivamente nos últimos anos. Sen elas, a entrada dos voluntarios que habitualmente se metían alí para limpala e arranxar esborralleiras.

A auga da fonte de Castro é alabada non só polos veciños, senón tamén polas xentes que cada 17 e cada 29 de cada mes veñen á feira. A súa é a auga na que se coce o polbo dos polbeiros do Carballiño e por suposto tamén a que ferve nos caldeiros dos catro postos de carne cocida. O manancial discorre case medio quilómetro subterráneo pola mina, canalizado e paralelo á dereita, segundo nace, a un chan elevado a xeito de estreita beirarrúa por onde se pode camiñar sen tocar a auga até o fondo da praza do Campo da Feira. Alí sae á luz logo de abrirmos unha porta de metal co tamaño suficiente para que entre un adulto. Na mesma porta, a auga desvíase para saír ao exterior por dous elegantes canos de bronce sobre o medio de dous ferros paralelos postos para que os usuarios apoien os seus recipientes. Eses son únicos canos dobres de bronce en toda a comarca. En Sillán de Pedrafita, no municipio de Chantada, hai tamén unha fonte que mana por un cano de bronce, pero só un.

«É moi importante esta mina como patrimonio cultural debido á súa antigüidade e ao valor social que tivo na vila», conta Miguel Suárez Blanco, veciño de Castro e bon coñecedor deste manancial. El mesmo apunta que na zona de Castro hai polo menos vinte minas de auga máis, pero esta é a máis usada, tanto pola súa situación próxima ás casas como pola calidade da súa auga.