O ilustrador Víctor Rivas presenta «Anacos de vida» en Carballedo

CARBALLEDO

CEDIDA

18 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Este domingo, a partires das 11.30 horas, o ilustrador Víctor Rivas presenta o seu último libro no Café A Chan (Casa Cuíñas), en Carballedo (Cerdedo-Cotobade). Anacos da vida, título desta obra, «expresa o seu profundo agarimo e respecto cara á xente do rural, a súa vida e tradicións, cunha ollada esperanzada e positiva dende a perspectiva do pasado recente», destacan dende a Editorial Galaxia, ao tempo que inciden no feito de que os debuxos, «de liña estética sintética e clara, poñen o acento nas expresións e situacións cotiás, pero sempre fuxindo dos escenarios de postal típica».

As ilustracións acompáñanse de «pequenos textos a modo de sinxelas cantigas populares, consegue un característico toque de retranca, con chiscos humorísticos e de fantasía», engaden ao respecto. Na presentación-vermú deste domingo, Víctor Rivas asinará e adicará libros e láminas, así como conversará cos lectores que se acheguen a Carballedo.