Residentes nun centro asistencial de Bóveda escriben as súas biografías

La Voz MONFORTE / LA VOZ

BÓVEDA

As autoras das catro autobiografías estiveron este venres na presentación dos libros en Bóveda
As autoras das catro autobiografías estiveron este venres na presentación dos libros en Bóveda CONCELLO DE BÓVEDA

Trátase de catro mulleres que viven no centro local de DmousVi para persoas con problemas de mobilidade

17 dic 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Usuarios da residencia de Bóveda para personas con discapacides físicas participaron este venres na presentación en Bóveda de Libros de vida, unhas publicacións nas que personas que son atendidas en centros desas características deixan por escrito as súas respectivas biografías. O acto de Bóveda tivo lugar no centro sociocultural desta localidade e contou coa participación de representantes da dirección da residencia, da Xunta e do Concello.

Na presentación estiveron presentes as catro protagonistas destes libros que viven na residencia de Bóveda, que se chaman Ángeles, Fátima, Genma e Montse. «Libros de vida» conta cunha edición de 500 exemplares e contén autobiografías de cinco centros asistenciais de Galicia e do resto do Estado.

Á presentación que se celebrou onte en Bóveda acudiron o alcalde deste concello, José Manuel Arias, o director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, e Fernando Prada, que é o director da residencia local par apersoas con discapacidade, xestionada pola empresa DomusVi.