Bóveda, onde os poemas penduran das árbores

La Voz

BÓVEDA

Usuarios da biblioteca de Bóveda encheron de poemas as pólas das árbores que están xunto ao centro socicultural
Usuarios da biblioteca de Bóveda encheron de poemas as pólas das árbores que están xunto ao centro socicultural CONCELLO DE BÓVEDA

Usuarios da biblioteca poñen en marcha unha orixinal iniciativa para sacar a poesía á rúa e, ao mesmo tempo, conmemorar o Día das Letras

11 may 2022 . Actualizado a las 19:21 h.

Quen pase estes días por Bóveda verá que hai árbores dos que penduran follas, pero de papel. Son poemas de Florenzo Delgado Gurriarán, o autor protagonista do Día das Letras deste ano. Os que os penduraron son usuaruios da denominada biblioteca accesible, unha iniciativa do Concello de Bóveda para fomentar a participación nas actividades socioculturais da localidade dos usuarios da residencia local para personas con discapacidades físicas.

Personas que participan na iniciativa da biblioteca accesible comezaron esta semana a poñer en marcha unha actividade que leva por título "Poemas pendurados", que pretende sacar literalmente a poesía á rúa. Os poemas que estes usuarios da biblioteca penduran das árbores están seleccionados entre a obra de Florencio Delgado Gurriarán. As árbores nas que se poden ler estes poemas son as que están no exterior do centro sociocultural.