Susana Seivane fala en Bóveda sobre o encaixe de festa e música de raíz

La Voz

BÓVEDA

Susana Seivane, no concerto que deu en Lalín o pasado mes de setembro
Susana Seivane, no concerto que deu en Lalín o pasado mes de setembro Cedida

Dentro do ciclo Interritmos, e antes das actuacións do grupo de gaitas o Recanto, de Quiroga, e a Banda Folk de Ribas de SIl 3.0

27 oct 2021 . Actualizado a las 12:51 h.

O ciclo de música tradicional Inter Ritmos chega este venres a Bóveda, con Susana Seivane, o grupo de gaitas O Recanto e a Banda Folk de Ribas de Sil 3.0 como principais protagonistas. O programa ábrese ás seis e media da tarde cunha charla presentada pola xornalista Marga Pazos e na que Susana Seivane falará sobre os encaixes da música de raíz nos espazos de festa. A continuación farase un magosto e despois comezarán as actuacións musicais, co grupo de gaitas O Recanto, de Quiroga, e a Banda Folk de Riba de Sil 3.0. O lugar elixido para todas estas convocatorias é a praza da Filgueira, o espazo público que hai detrás da Casa do Concello de Bóveda. A asistenza é gratuíta, pero é preciso apuntarse previamente na dirección de correo electrónico info@ribeirasacracourel.es