Un concerto de Xoán Curiel abre este ano o Outono Cultural de Bóveda

La Voz

BÓVEDA

JUAN LUIS RUA

Esta programación especial inclúe ademais a representación de dúas obras de teatro

05 oct 2021 . Actualizado a las 11:01 h.

O Concello de Bóveda vén de dar a coñecer a programación do seu Outono Cultural, que inclúe un concerto e dúas representacións teatrais.

A primera destas tres citas está programada para o 24 de outubro e consiste nun concerto do cantautor Xoán Curiel, de xira co espectáculo "Cantando as nosas letras", que está patrocinado polo programa "Ler conta moito" da rede de bibliotecas públicas de Galicia. O concerto de Xoán Curiel en Bóveda comezará ás seis e media da tarde e celebrarase na biblioteca municipal.

Xa para o mes de novembro, o día 13 é a data elixida para a representación de "Por un puñado de grelos", unha obra que porá en escena o grupo de teatro afeccionado Os Trocos, de Castro de Rei. Será no centro sociocultural. "Or un puñado de grelos" forma parte da programacón do circcuíto de teatro afeccionado Gargalladas, da Deputación de Lugo.

E finalmente, o 27 de novembro chegará a representación de "Os Bolechas fan o o Camiño Marciano", unha peza de teatro para nenos do programa FalaRedes 2021, da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta. Está programada para as cinco da tarde e terá lugar no centro sociocultural.