Bóveda conmemora o Día da Biblioteca con contos, música e danza

La Voz

BÓVEDA

CONCELLO DE BÓVEDA

Os actos celebráronse o xoves e o venres

28 oct 2019 . Actualizado a las 11:20 h.

Estudantes do colexio local visitaron o centro sociocultural de Bóveda para participar nos actos que organizaba o Concello para conmemorar o Día da Bilioteca. Os alumnos do colexio Rosalía de Castro asistiron a primeira hora da mañá do xoves a un espectáculo de contos narrados por Sergio Rivas.

CONCELLO DE BÓVEDA

E pola tarde, Iria Mejuto, a solista do grupo Black, ofreceu na biblioteca un espectáculo titulado 'Un paseo entre liñas pola música negra. Soul e literatura', pensado tanto para rapaces como para adultos.

Os actos de conmemoración do Día da Biblioteca continuaron o venres co obradoiro de danza tradicional 'A bailar canda os tempos', dirixido por Nerea Consuelo Fernández.

Os actos organizados polo Concello para celebrar o Día da Biblioteca contaron coa colaboración do programa Ler conta moito da Xunta de Galicia.