Rubián viaxa ao pasado

La Voz LUGO / LA VOZ

BÓVEDA

Celebrou a Feira de Outrora cos artesáns como protagonistas

15 jul 2019 . Actualizado a las 16:27 h.

Rubián, en Bóveda, acolleu este domingo unha nova edición da Feira de Outrora, unha iniciativa que da man da artesanía e os oficios tradicionais viaxa ata o pasado, ata os inicios do século XXI. No campo da feira instaláronse os diferentes artesáns amosando en directo o seu traballo. Demostracións de cestería, fiado, ferreiros, oleiros ou a construción de gaitas galegas tiveron o seu oco nos postos. Non faltou tampouco a música.