As Foliadas Guímaras volven na Pobra do Brollón

La Voz

A POBRA DO BROLLÓN

Un aspecto dunha edición anterior das Foliadas Guímaras
Un aspecto dunha edición anterior das Foliadas Guímaras CEDIDA

O grupo musical Érbedo animará a primeira xornada da nova edición do programa, se celebrará este sábado na parroquia de Pacios de Veiga

08 may 2025 . Actualizado a las 13:23 h.

O local social da parroquia de Pacios de Veiga será escenario este sábado da primeira xornada da nova edición das Foliadas Guímaras que organiza o Concello da Pobra do Brollón. Comezará ás 20.30 horas e será animada pola agrupación musical Érbedo. Haberá barra e a asociación veciñal Arnado ofrecerá caldo, polo que desde a organización se pide levar cunca e culler.

As Foliadas Guímaras, que comezaron a celebrarse no 2018, son unha iniciativa que ten o obxectivo —segundo explican desde o Concello— de «descentralizar a programación cultural dinamizando as distintas parroquias» e «ofrecer un espazo no que o alumnado da escola municipal de música Samoeiro poida poñer en práctica o aprendido durante o curso».