A Pobra do Brollón proyecta o filme sobre Moncho Reboiras

La Voz

A POBRA DO BROLLÓN

Proxección o domingo pasado de  Dorothé na vila , o primeiro título programado dentro deste ciclo de cinema galego
Proxección o domingo pasado de Dorothé na vila , o primeiro título programado dentro deste ciclo de cinema galego CONCELLO DA POBRA

Será este domingo dentro do ciclo local de cinema galego

17 dic 2020 . Actualizado a las 17:38 h.

O ciclo de cinema galego actual en marcha na Pobra do Brollón continúa esta fin de semana con "Reboiras, acción e corazón", o documental de longa duración que recrea a vida de Moncho Reboiras, o militante da UPG morto a tiros pola policía en 1975 en Ferrol.

A proxeccion terá lugar este domingo ás sete da tarde na Casa da Cultura da Pobra e contará coa presenza de Alberte Mera, o director do filme. Este documental estreouse este pasado verán, cando se cumpriron 45 anos da morte de Reboiras, "a última vítima mortal da ditadura franquista en Galicia", segundo explican os portavoces do Concello. Este documental recrea a vida e o pensamento político de Moncho Reboiras e faino mediante entrevistas a 28 persoas e con secuencias de ficción e tamén imaxes históricas.

A entrada na proxección é de balde, pero para presenciala é preciso facer reserva previa no teléfono 650 624 828.