A Deputación de Lugo  mellora a vía de Monforte a Rozabales e á Pobra do Brollón

La Voz

A POBRA DO BROLLÓN

Obras de mellora na estrada provincial LU-P-3203 que une Monforte con A Pobra do Brollón e executadas por Taboada y Ramos
Obras de mellora na estrada provincial LU-P-3203 que une Monforte con A Pobra do Brollón e executadas por Taboada y Ramos CEDIDA

Taboada y Ramos executou a reforma de 7,5 quilómetros ao seu paso por Vilachá, onde o organismo provincial investiu 264.000 euros

09 dic 2020 . Actualizado a las 11:03 h.

Deputación Provincial de Lugo realizou este ano 2020 as obras de rehabilitación das estradas que conectan a cidade de Monforte con Rozabales e co municipio da Pobra do Brollón.

Trátanse dunhas actuacións que executou a empresa Taboada y Ramos, unhas das firmas de maior experiencia dentro do sector da construción en Galicia. A Deputación investiu 264.000 euros nuns traballos que se desenvolveron en preto de 7,5 quilómetros no treito que une Monforte con Vilachá-Rozabales, seguindo un itinerario en forma de T.

En concreto, na estrada provincial LU-P-3203 melloráronse seis quilómetros, entre os puntos 6,030 e 11,997. Ademais, fíxose outra intervención na estrada LU-P-4702, entre Vilachá e a Estación da Pobra do Brollón. Neste caso, foi un quilómetro e medio, entre os puntos 1 e 2,4.

Obras de mellora na estrada provincial LU-P-3203 que une Monforte con A Pobra do Brollón e executadas por Taboada y Ramos
Obras de mellora na estrada provincial LU-P-3203 que une Monforte con A Pobra do Brollón e executadas por Taboada y Ramos

Moi transitada

«Son unhas obras que supoñen unha mellora importante na seguridade viaria e na comodidade dos condutores nunha estrada de moita importancia social, pois conecta o núcleo de Rozabales coa cidade de Monforte, polo que é a vía de acceso para toda a veciñanza desa zona para ir a Monforte a diario para o seu traballo, para facer compras ou para realizar xestións», explica o presidente da Deputación, José Tomé, sobre a relevancia que ten esta estrada no devir diarios de centos de veciños do sur da provincia de Lugo.

As obras que executou a empresa Taboada y Ramos consistiron na reapertura e limpeza das cunetas, na mellora da drenaxe da estrada para garantir a súa maior durabilidade, na pavimentación do firme e na sinalización horizontal, co que os condutores viron mellorada de xeito considerable a seguridade durante o tránsito dos seus vehículos.