A parroquia de Óutara acolle o venres a segunda Foliada Guímara

O festexo é organizado pola escola municipal de música Samoeiro e a asociación veciñal local, e comprenderá un magosto popular

Actuación de alumnos da escola de música Samoeiro, nunha imaxe de arquivo
Actuación de alumnos da escola de música Samoeiro, nunha imaxe de arquivo

O grupo Xerezade e os alumnos da escola municipal de música da Pobra do Brollón actuarán este venres na segunda Foliada Guímara, que se celebrará a partir das 21.00 horas no social da parroquia de Óutara. Ademais de música e baile, haberá un magosto popular con caldo e lacón e unha barra para servir bebidas. Na organización do festexo participa a asociación veciñal de Óutara.

O ciclo Foliadas Guímaras está promovido pola escola de música Samoeiro en colaboración con diversas asociacións do municipio e ten o obxectivo de mostrar o que aprenden os máis de cen alumnos matriculados neste centro, así como axudar descentralizar a programación cultural do Concello. Os festexos son de participación libre e aberta a todos os veciños do municipio e contorna que desexen asistir. A de mañá será a última Foliada Guímara programada para este ano. O ciclo retomarase a partir de xaneiro.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A parroquia de Óutara acolle o venres a segunda Foliada Guímara