Olga Novo presentará o seu último libro na Pobra do Brollón

A POBRA DO BROLLÓN

Santi M. Amil

O acto celebrarase ás 20.30 horas do sábado na Casa de Cultura

26 mar 2019 . Actualizado a las 10:58 h.

A Casa de Cultura da Pobra do Brollón acollerá o próximo sábado -ás 20.30 horas- a presentación de Feliz idade, o último libro de poemas de Olga Novo, escritora natural de Vilarmao, neste mesmo municipio. A obra será presentada polo arqueólogo Xurxo Ayán e polo escritor e editor Luís Rei Núñez, responsable da colección de poesía Tambo, da editorial Kalandra, que publicou este libro. O acto comprenderá un recital de poesía a cargo de Noa Moreira e de varios alumnos do colexio público local, que se levará a cabo baixo o lemo «Poetas da Guimaralia».

Olga Novo publicou anteriormente os libros de poemas A teta sobre o sol, Nós nus, A cousa vermella, Monocromos e Cráter, e ensaios como Por un vocabulario galego do sexo e Uxío Novoneyra. Lingua loaira.