«En todas as mans», un filme de Diana Toucedo na Pobra do Brollón

La Voz

A POBRA DO BROLLÓN

Diana Toucedo, á esquerda, durante a filmación na Serra do Courel do seu filme «Trinta lumes»
Diana Toucedo, á esquerda, durante a filmación na Serra do Courel do seu filme «Trinta lumes» CEDIDA

A proxección forma parte do Ciclo de Cine e Máis

13 mar 2019 . Actualizado a las 11:33 h.

A Casa de Cultura da Pobra do Brollón acollerá este xoves a proxección do filme En todas as mans, da directora Diana Toucedo, especialmente coñecida pola súa recente película Trinta lumes, rodada na Serra do Courel. A proxección forma parte do primeiro Ciclo de Cine e Máis, que se desenvolve actualmente no municipio, e comezará ás 20.15 horas, despois dunha presentación. Ao terminar a proxección haberá un coloquio en torno ao filme.