Salcedo celebra este luns o Entroido do Oso

La Voz

A POBRA DO BROLLÓN

ROI FERNANDEZ

O personaxe sairá a percorrer as rúas da localidade ás cinco da tarde

03 mar 2019 . Actualizado a las 20:00 h.

A parroquia de Salcedo, no municipio da Pobra do Brollón, celebrará este luns a principal xornada das súas festas de carnaval, protagonizada pola tradicional figura do Oso e os seus axudantes. A feste comezará sobre as cinco da tarde, cando o peculiar personaxe ?de carácter único en Galicia? saia ás rúas da localidade para manchar con cinza as caras de veciños e visitantes. Ao mesmo tempo haberá un pasarrúas a cargo do grupo musical Terras do Bibei. Ás 21.00 horas haberá unha cea popular, seguida dunha verbena animada polas orquestras Capitol e Israel.

O martes, última xornada dos festexos, haberá un espectáculo de animación infantil ?a partir das 18.00 horas? a cargo do artista Peter Punk e ás 21.00 horas ofrecerase unha degustación gratuíta de paella. Ao mesmo tempo comezará unha actuación da orquestra Los Satélites.