A Pobra do Brollón acollerá unha proxección de «Os fenómenos»

La Voz

A POBRA DO BROLLÓN

MARCOS CREO

O director do filme, Alfonso Zarauza, manterá un coloquio cos espectadores

13 feb 2019 . Actualizado a las 12:26 h.

A Casa de Cultura da Pobra do Brollón acollerá o sábado a proxección da película Os fenómenos, dirixida por Alfonso Zarauza e interpretada por Luís Tosar e Lola Dueñas. A sesión comezará ás 20.00 horas e contará coa presenza do director do filme -na imaxe sobre estas liñas- , que manterá un coloquio cos espectadores interesados, e da concelleira de Cultura do Concello de Sarria. A actividade está vinculada á cuarta Escolma de Cinema Galego de Sarria, que se celebrará entre os días 22 e 23. O Concello da Pobra do Brollón, por outro lado, manifestou a súa intención de organizar este ano unha nova edición do Ciclo de Cinema Galego. A primeira celebrouse en novembro do pasado ano.