Quince grupos no oitavo concurso de cantos de taberna da Pobra do Brollón

La Voz

A POBRA DO BROLLÓN

ROI FERNANDEZ

As actuacións comezarán ás cinco da tarde do sábado

07 dic 2018 . Actualizado a las 18:56 h.

Quince grupos musicais participarán o sábado na oitava edición do concurso de cantos de taberna organizado polo Concello da Pobra do Brollón. Destas formacións, catro son do propio municipio e o resto proceden do Saviñao, Chantada, Sarria, A Rúa, A Pobra de Trives e outras localidades das provincias de Lugo, Ourense e A Coruña. Os grupos participantes son Os Corenta e Chinco Boys, Searas, Con Ton e Son, As Recuncadas, Os Somontanos, Os Estoupafoles, Son do Mao, Sómosche d’Herbas, Cantareiros da Unión, De Marcón pra Riba, Skachacunchas, Os Tabernícolas, Os Amigos do Caldeiro, Os Parrandas e As Macizas Centrais.

Os grupos concentraranse ás 16.30 horas na Casa do Concello, onde se lles darán a coñecer os itinerarios que deben seguir polos seis establecementos que colaboran no certame. As actuacións comezarán ás 17.00 horas e continuarán ata arredor das 23.00 horas.