Cereixa, unha das necrópoles medievais máis importantes de Galicia

Na última campaña de escavacións saíron á luz 23 sepulturas, catro delas con restos humanos

.

MONFORTE / LA VOZ

No castro de San Lourenzo de Cereixa, na Pobra do Brollón, terminou onte a cuarta campaña de escavacións desenvolvida dentro do proxecto arqueolóxico que promove a asociación veciñal da parroquia. No curso desta intervención, iniciada a finais de xullo, puxéronse ao descuberto 23 novas sepulturas medievais, que -sumadas ás que se descubriran anteriormente- elevan a 43 o número total de tumbas rexistrada no xacemento. En catro destes enwterramentos apareceron restos humanos que a pesar de non mostrar un estado de conservación moi bon -segundo indica o arqueólogo Xurxo Ayán, director dos traballos- poden proporcionar datos de moito valor sobre as comunidades campesiñas da Idade Media galega.

Estes restos consisten en diversos fragmentos de cranios e extremidades, unha pelve e unha mandíbula completa con dentes que serán analizados no laboratorio co obxectivo de obter datos cronolóxicos, xenéticos e patolóxicos sobre a comunidade á que pertenceron os enterramentos, que se cre que poden datar de entre os séculos XI e XII. Tres destas sepulturas son de nenos e «reproducen en miniatura a estrutura das tumbas dos adultos», sinala Ayán. O arqueólogo apunta ademais que no recinto do castro pode haber moitas máis tumbas, ata duplicar o número das xa descubertas. «A de Cereixa é sen dúbida unha das necrópoles medievais máis importantes descubertas en Galicia», afirma.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Cereixa, unha das necrópoles medievais máis importantes de Galicia