A Pobra do Brollón prepara a festa da revolta guímara

Esta convocatoria, que se celebrará o día 7, conmemora unha rebelión medieval contra o Conde de Lemos. O pregoeiro será esta vez o escritor monfortino Lois Diéguez


A Pobra do Brollón celebra o 7 de xullo a edición número cinco da Feira Medieval Guímara, una festa que recrea unha revolta medieval contra o Conde de Lemos. O pregoeiro será o escritor monfortino Lois Diéguez.

La festa, que está organizada polo Concello da Pobra, celebrarase o sábado 7 de xullo e empezará ás 11.30 co pregón de Lois Diéguez. Ás 12.00 terá lugar a representación da revolta, á que seguirá unha exhibición de cetraría e outra de de oficios tradicionais, que este ano estará centrada no traballo artesán co ferro, unha actividade historicamente moi vencellada á Pobra do Brollón.

O programa de actos continúa cun pasarrúas ás 13.00 co grupo de gaitas Alecrín e cun xantar opular no campo da feira que empezará ás 14.00. Quen queira participar ten que retirar as tarxetas no restaurante Avenida.

En canto á tarde, para as 17.30 está prevista unha actuación do paiaso malabarista Isla Letrisca. Ás 18.30 comezará una sesión de demostracións de oficios e xogos tradicionais. Ás 19.00 haberá tiro con arco e ás 20.00 outro espectáculo de cetraría. O grupo Euforium actuará ás 21.00 e a partires das 23.00 celebrarase o fin de festa con queimada popular a cargo da compañía Queimán e Pousa.

A tradición local conta que a denominación de guímaros para os habitantes da Pobra do Brollón naceu con aquela revolta contra o Conde de Lemos, motivada polo cobro de impostos que os veciños consideraban inxustos. Esta palabra utilizouse co significado de rudos, valentes e desconfiados.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

A Pobra do Brollón prepara a festa da revolta guímara