Pantón convoca o seu desfile de entroido para o día 21 de febreiro

La Voz MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

As comparsas do Entroido volverán desfilar este ano polas rúas de Ferreira de Pantón
As comparsas do Entroido volverán desfilar este ano polas rúas de Ferreira de Pantón CARLOS CORTÉS

Las comparsas recorrerán las calles de la localidad el sábado 21 de febrero

23 ene 2026 . Actualizado a las 19:01 h.

O Concello de Pantón acaba de anunciar a data para o seu desfile de comparsas, o acto máis multitudinario do seu Entroido. Será o 21 de febreiro, o sábado posterior ao Domingo de Entroido. Pantón mantén así o consume de ser o último en celebrar o desfile.

A programación, mantendo o espíritu festeiro e familiar que o caracteriza, comeza ás 15:30 horas coa concentración de participantes no colexio público Monte Baliño. Desde alí, ás 16:00 horas, sairá o desfile que percorrerá as rúas de Ferreira ata a Praza do Concello, onde se realizará a tradicional entrega de premios ás mellores comparsas e disfraces individuais.

Para pechar a festa, e como é habitual, o concello ofrecerá unha chocolatada acompañada de baile con animación para todos os asistentes, un punto de encontro caloroso e doce que serve de colofón á xornada.