—Está satisfeita con este tipo de edición?
—Si, porque a acollida que tivo miña primeira novela foi moito mellor do que esperaba ao principio. Ao ser unha obra autoeditada, sen o apoio dunha editorial convencional, non contaba con que tivese moita repercusión. Conseguir que os libros autoeditados teñan certa difusión é bastante complicado en España, pero a verdade é que as vendas funcionaron moi ben e a novela tivo boas críticas e comentarios positivos en sitios como Amazon, onde se pode adquirir, e tamén nas redes sociais. Como a acollida foi moi boa, animeime a repetir con esta segunda parte. Sorprendeume que Ikal tivese esa repercusión, porque ademais é un libro bastante longo. A miña nova novela é un pouco máis curta que a primeira. Apareceu o mes pasado e tamén está indo ben.
—Despois destas experiencias ten algunha outra novela en preparación?
—Levo algún tempo preparando novo proxecto, que esta vez sería unha novela escrita en galego. É un proxecto que xa está comezado, pero aínda moi verde, así que por agora prefiro non adiantar nada.