Acto en San Vicente
Por outro lado, ás doce do mediodía celebrarase no conxunto monumental de San Vicente do Pino unha lectura pública de textos escritos por algúns dos participantes na Asemblea Nacionalista de 1922, entre os que se encontraban Castelao, Otero Pedrayo, Vicente Risco, Antón Losada Diéguez, Antón Villar Ponte e o poeta Manuel Antonio, entre outros. En caso de que chova, estas dúas actividades previstas para o aire libre trasladaranse á Casa de Cultura. A xornada pecharase cun concerto des Uxía Senlle e Sergio Tannus ás 20.00 horas.
As conferencias correrán a cargo dos historiadores Xosé Ramón Quintana Garrido, Xurxo Ayán, Emilio Ínsua e Aurora Marco. As actividades serán coordinadas pola escritora Olga Novo xunto con Patricia Arias Chachero e Xosé Rodríguez Díaz. As prazas dispoñibles para asistir aos actos da Casa de Cultura son limitadas e é necesario realizar unha inscrición previa —e gratuíta— na páxina web do Consello da Cultura Galega. Na organización da xornada colaboran o Concello de Monforte, a Deputación e o proxecto europeo RurAllure.