«Corremos o risco de morrer de éxito, a Ribeira Sacra debe crecer de maneira sostible»

xosé manoel rodríguez OURENSE / LA VOZ

LEMOS

Alexandra Seara, xerente do consorcio turístico da Ribeira Sacra
Alexandra Seara, xerente do consorcio turístico da Ribeira Sacra Santi M. Amil

Alexandra Seara, xerente do consorcio turístico, sinala que o destino rexistrou durante o ano pasado 300.000 pernoctacións

13 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Aínda que resulte paradóxico non hai tanto tempo que a Ribeira Sacra ourensá non existía en Lugo e da lucense non se tiñan novas, é un dicir, en Ourense. No ano 2005 nacía o Consorcio de turismo Ribeira Sacra e a realidade, máis de tres lustros despois, é vizosa e albisca un futuro de grandes posibilidades. Alexandra Seara Sobrino é a xerente do consorcio dende o 2008.

-Cantos concellos forman o destino: 20, 21, 25?

-Cando botou a andar o consorcio eran vinte. Agora somos 21 e hai catro pendentes de integrar para que sexan os 25 que están no BIC e no destino turístico: San Xoán de Río, Manzaneda, Trives e Chandrexa de Queixa.

-Hai días que o secretario de Estado de Turismo, Fernando Valdés, lle entregou en Fitur a certificación Sicted. É un recoñecemento ao feito nestes anos?