Vídeos en rede para recordar os 25 anos da morte de Lois Pereiro

O Ateneo Casino quere estender a conmemoración a toda Galicia

La Casa da Cultura de Monforte lleva el nombre de Lois Pereiro desde el año 2016
La Casa da Cultura de Monforte lleva el nombre de Lois Pereiro desde el año 2016

Monforte / La Voz

O 16 de febrero é o día no que cumpría anos o poeta monfortino Lois Pereiro e é tamén a data elixida para pór en marcha a conmemoración do 25 aniversario do seu pasamento. A entidade que decidiu recordar esta efeméride é o Ateneo Casino, unha das sociedades con máis historia de Monforte, da que se acaba de facer cargo unha directiva nova que lle quere imprimir un cambio de rumbo ás súas actividades, co obxectivo, entre outras cousas, de traballar pola dinamización da vida cultural da cidade.

A conmemoración do 25 anos do falecemento de Lois Pereiro comezará o día 16 coa publicación nas contas co Ateneo Casino nas redes sociais de vídeos con lecturas de poemas de Lois Pereiro, protagonizados por xente do mundo das letras como Manuel Rivas, Olga Novo, Claudio Rodríguez Fer ou Ledicia Costas; músicos como Abe Rábade e Mercedes Peón, persoas vinculadas ao audiovisual como Alfonso Zarauza, Miguel de Lira ou Martiño Rivas, e profesionais de sectores como o xornalismo, o deseño, a edición ou educación. Eles porán as palabras e das imaxes encargarase o cineasta monfortino Manuel Valcárcel. Os vídeos serán publicados en catro entregas o martes 16 e mércores 17 e poderanse ver nas contas de Twitter, Instagram, Facebook e YouTube do Ateneo Casino de Monforte.

Os organizadores explican que esta inicaitiva está aberta á participación de calquera que se queira sumar. O Ateneo Casino anima aos que estean interesados en participar cos seus propios vídeos a que o fagan e etiqueten as súas publicacións en Internet co cancelo #LP25anos. Esta campaña virtual que comezará o 16 de febreiro estenderase ata o 21 de marzo, o día mundial da poesía.

O responsable da área de acción social do Ateneo Casino, Xepe Rodríguez, cre que a acollida que está a ter esta proposta de conmemoración do aniversario de Lois Pereiro demostra «a vixencia e importancia da súa figura». Nos últimos días, asegura Xepe Rodríguez, recibiron «un aluvión de adhesións, vídeos e agarimo de multitude de lugares, dentro e fóra de Galicia, o que demostra a potencia da figura de Lois para facer de Monforte un referente».

No Ateneo Casino están a preparar máis actividades vinculadas a este aniversario e que se celebrarán en toda Galicia a medida que a situación sanitaria o permita.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Vídeos en rede para recordar os 25 anos da morte de Lois Pereiro