«África cambiou o meu modo de ver o noso pasado e o mundo rural»

Francisco Albo
francisco albo MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

Xurxo Ayán, co arqueólogo Alfredo González Ruibal, sobre os restos dun tanque soviético dos anos 80 durante unha expedición científica en Etiopía que se levou a cabo no 2006
Xurxo Ayán, co arqueólogo Alfredo González Ruibal, sobre os restos dun tanque soviético dos anos 80 durante unha expedición científica en Etiopía que se levou a cabo no 2006 CARLOS NIETO

Ayán publica un libro de memorias sobre unha misión científica en Etiopía

18 ene 2021 . Actualizado a las 12:47 h.

Xurxo Ayán, director técnico dos proxectos arqueolóxicos que se desenvolven desde hai anos na Pobra do Brollón, acaba de publicar en Edicións Positivas o libro Onde as rúas non teñen nome, no que narra as súas experiencias como participante nunha expedición promovida polo Consejo Superior de Investigaciones Cientificas que se levou a cabo na área fronteiriza entre Etiopía e Sudán no 2006.

-Por que publica agora un libro sobre unha misión cientìfica de hai quince anos?

-En realidade escribino no 2007, despois de volver de Etiopía. Por entón xa tiven a posibilidade de publicalo, pero ese proxecto frustouse debido á crise económica do 2008 e o libro quedou no caixón ata agora. Cando me ofreceron participar nesa misión de carácter arqueolóxico e antropolóxico estaba preparando a miña tese doutoramento sobre o mundo castrexo galego. Ao regresar interrompín a tese e púxenme a escribir este libro. Despois refixen a tese por completo, porque esa experiencia en África foi moi clarificadora e cambiou o meu modo de ver o noso pasado prehistórico e o mundo rural.

-En que sentido?

-Por unha parte, porque foi moi útil ver directamente como funciona unha sociedade rural tradicional en pleno período de transición á modernidade, que era o que estaba sucedendo en Etiopía nese momento e o que segue pasando agora. Iso foi en certo modo o que ocorreu en Galicia non hai moito tempo co desarrollismo franquista. Esa transición percíbese en África dun modo brutal, porque hai comunidades que seguen usando ferramentas e armas que parecen do Bronce Final ou do período Calcolítico, uns instrumentos arcaicos como que podemos ver no Museo Provinvial de Lugo, mentres os rapaces levan camisetas da NBA e escoitan rap. Ademais, son unhas sociedades moi traumatizadas polas guerras, que é algo que tamén sucedeu aquí.